martes, 16 de febrero de 2010

Tutorial de manexo do blog

Ante as dificultades que as veces encontraban algúns alumnos no manexo deste blog decidín crear este pequeno tutorial que recomendo encarecidamente a todo o mundo que o lea con atención:

¿Que é e para que serve?

A finalidade deste blog é a de facilitar aos meus alumnos "físicos" de gaita que non posúen coñecementos de linguaxe musical unha ferramenta para poder aprender e practicar cómodamente nas súas casas o repertorio e os exercicios que se irán pedindo semanalmente. Posteriormente nas clases revisaremos e correxiremos todo o traballo realizado durante a semana. Desta maneira cada un poderá adaptar o seu tempo de estudio ás súas necesidades, sen excusas.

¿Qué contén e como usar as ferramentas?

O blog contén tres elementos básicos para o aprendizaxe, que cada alumno poderá manipular libremente á súa maneira.

Vídeos:

Exite un vídeo para cada unha das voces de cada tema. Os vídeos están subidos no youtube e os podemos visualizar directamente na páxina ou na propia páxina do youtube premendo o enlace que aparece debaixo de cada video. Tamén os podemos descargar no noso ordenador usando o programa Atube Catcher. Este programa está dispoñible no blog na sección "descargas" - "Software", na marxen dereita do blog. É totalmente libre e gratuíto, e moi sinxelo de usar; tan só temos que copiar o enlace que aparece debaixo de cada vídeo, pegalo donde o pide o programa e darlle a descargar.



Automáticamente descargará o video no formato e na carpeta que queirades.

Unha vez descargado no voso o ordenador o poderedes visualizar co Windows Media Player, que nos permitirá escoller entre varias velocidades de reproducción. Para isto seguimos as indicación dos seguintes gráficos:



Unha vez se nos apareza o panel de melloras, nos poderemos mover á esquerda ou a dereita premendo os botóns que nos aparecen, ata encontrar a opción "Configuración de velocidade de reproducción". Unha vez ahí podemos mover a barriña ata axustar o video ou o audio a velocidade desexada. Esta maniobra é mellor facela co video en modo "pause".



Audios:

Cada tema contén un Mp3 a dúas voces totalmente panoramizado, é dicir, cada voz está colocada para que saia cada unha por un altavoz, de tal maneira que si xogamos co balance poderemos escoitar a voz 1, a voz 2 ou as dúas voces ao mesmo tempo. Para isto podemos usar outra opción do Windows Media Player. Seguimos as indicación exactamente igual que fixemos antes co video, pero unha vez nos apareza o panel de melloras, temos que buscar a opción "Ecualizador Gráfico", tal e como indica o seguinte gráfico.



Unha vez ahí, temos unha opción que pon "equilibrio", e xogando con el de dereita a esquerda poderemos escoitar cada unha das voces ou as dúas se o mantemos no centro. O Mp3 está grabado con metrónomo á que sería a velocidade real do tema, pero podemos poñela máis lenta ou máis rápida da mesma maneira que fixemos co video.

Partituras:

Están en dous formatos:

Pdf: para visualizalas co Adobe Acrobat Reader (totalmente gratuito na páxina do fabricante)

Enc: para abrilas cun editor de partituras chamado encore, moi usado no ambiente gaiteiril. Está tamén na sección descargas, pero dende un servidor externo, así que non podo garantir que sempre esté dispoñible para descargarse, xa que non é gratuito. De todas formas buscando por internet ou no emule o poderedes encontrar.

SOFTWARE:

Na sección descargas poderedes atopar tamén un programa que se chama Transcribe, que entre outras funcións nos permite variar cómodamente a velocidade e a afinación de calquer formato de audio. Isto é interesante para facer transcripción ou escoitar detidamente que é o que fai ou como "pica" ese gaiteiro que tanto nos gusta. Pero tamén para manipular os Mp3 de cada tema.

É unha opción moi interesante para todos aqueles que odiamos o WMP... :-)

Unha vez instalado o programa o abrimos, e dende ahí abrimos o noso Mp3 (File, Open...).

Unha vez aberto prememos o botón FX (Audio Effects and Controls).

Na pestaña Speed podemos variar a velocidade en porcentaxes.

Na pestaña Tunning podemos variar a tonalidade e a afinación. Isto é importante para os que vades a tocar coa frauta por riba do Mp3. Tendo en conta que a vosa frauta rectificada está no tono de Re e a gaita e os Mp3 están en Do, tedes que cambiar a afinación do Mp3 para poder tocar por riba. É moi sinxelo:

Na pestaña Tunning, movedes a barra "Semitones" cara arriba ata que marque abaixo +2. Agora xa podedes tocar coa frauta por riba do Mp3.

Espero que queden aclaradas todas as dúbidas. De todas a as formas pouco a pouco irei actualizando todo o material e adaptándoo a todo o que escribín no tutorial. Mentres non esté todo así seguiredes tendo varias opcións (megaupload...)

No sección descargas tamén tedes un metrónomo para usar. Lembrade que é moi importante ir collendo dende o principio a conciencia de pulso, empezar a estudiar sempre a unha velocidade moi lenta que nos permita asimilar todos e cada un dos movementos que facemos e aumentala progresivamente a medida que logremos que sone perfectamente. ¡¡ A POTENCIA SEN CONTROL NON SERVE DE NADA!!! Así que utilizade todos os recursos de velocidade que vos indiquei.

Un saúdo a todos e a estudiar moito!!

Alberto